Itinerario

A Festa dos Tabuleiros ou Festa do Divino Espírito Santo, ten lugar cada catro anos en xullo en Tomar, Portugal. Esta festa é unha tradición milenaria e a máis importante que se celebra na cidade, atraendo xente de todo o mundo. A poboación local desfila por parellas coas mozas portando tabuleiros na cabeza. O tabuleiro está feito de 30 pezas de pan apiladas, ben en 6 filas de 5 ou 5 filas de 6, decoradas con flores. Na parte superior do tabuleiro hai unha coroa que normalmente contén unha pomba branca, que simboliza o Espírito Santo, ou a esfera armilar, símbolo da expansión marítima histórica portuguesa, e sobre a esfera, a cruz da Orde de Cristo.

IMPORTANTE: AVISAMOS QUE ESTA VIAXE SE REGRESA O DOMINGO MOI TARDE, SI SE VAI DE FESTA APROVÉITASE A FESTA.

Darase os viaxeir@s unhas guías dos eventos da Festa e ubicacións.

1º día:

Neste primeiro día, partiremos directos cara Fátima, onde nos aloxaremos (é imposible aloxarse en Tomar xa que só hai un hotel).

Despois de xantar no hotel, procederemos a visitar e coñecer Tomar, vila templaria que esta fin de semana se distingue, ademais, pola celebración da súa festa máis significativa: a Festa dos Tabuleiros ou do Divino Espírito Santo, un evento único que sucede cada catro anos.

Primeiro, realizaremos unha ruta guiada pola vila, coñecendo os seus espazos e monumentos máis importantes: o seu Castelo de Tomar (entrada incluída), Convento de Cristo (entrada incluída), a igrexa de São João Baptista, a Praça da República, a igrexa de São Francisco, a Mata Nacional dos Sete Montes,…

De seguido, poderemos dispor de tempo libre para gozar da vila e do seu ambiente festivo.

Regresaremos ao hotel e cearemos.

 

2º día:

Este segundo día teremos a mañá libre para gozar, entre outras actividades, das cerimonias festivas que se celebrarán en Tomar, tal como a «Procissão das Coroas e Pendões do Espírito Santo».

Xantaremos pola zona e voltaremos para desfrutar da última gran Procesión e a máis esperada, O Gran Cortejo dos Tabuleiros.

Iniciarase o regreso, pero chegarase tarde as casas, se hai festa non se dorme!!! (Previsto a Santiago de 00:30 a 1:00 e a Ribeira cerca das 2:00)

 

HOTEL 3*, NO CENTRO DE FÁTIMA

POSIBLES RECOLLIDAS A MAIORES: PONTEVEDRA, VIGO, PORRIÑO, TUI

 

 

➡RELATIVO ÁS HABITACIÓNS: prezo por persoa en habitación dobre. se vas só/soa e prefires habitación dobre, nós axudámosche a buscar ese compañeir@ para a habitación. Habitación individual ten suplemento do hotel.

➡RELATIVO Ó INCLUÍDO: todas as viaxes inclúen autocar, xantar, aloxamento en pensión completa (nas viaxes de varios días), seguro de viaxe, guías-acompañantes e guías locais, visitas e entradas ós sitios que se mencionan.

➡RELATIVO ÁS RUTAS: as denominadas “rutas de sendeirismo” son sempre camiñadas que se van a facer por certos paraxes naturais ou lugares de interese dunha forma tranquila e sen dificultade, non son eventos deportivos. Cando estes recorridos teñen certas dificultades coma bastante costa ou pasa dos 10-12 km xa se indica. no inicio das camiñadas sempre se proporciona un pequeno refrixerio para o camiño.

➡RELATIVO A MÍNIMO DE RESERVAS: sairase sempre que haxa un mínimo de 25 persoas.

➡RELATIVO A NEN@S: todas as viaxes son aptas para nen@s (menos de 12 anos), salvo que se indique o contrario, e levan un desconto, consultar.

➡RELATIVO O PRAZO DE RESERVA: prazo máximo de reserva para unha viaxe de varios días, será un mes antes e 15 días antes formalizado o pago. Prazo máximo de reserva para unha excursión dun día, será de 15 días antes, e 7 días antes formalizado o pago.

➡RELATIVO AS FORMAS DE PAGO: transferencia bancaria, tarxeta na web, tarxeta na oficina, efectivo na oficina, e por bizum (inda que esta forma non se aconsella por ser complicado realizalo pago ó ser bizum de empresas).

➡RUTAS DE RECOLLIDA: aparte das nosas paradas de recollida de sempre (a saber, de Ribeira a Santiago), haberá 2 novidades:

“Mediante transporte de lanzadeira collerase viaxeir@s da zona de Noia ata muros para Rianxo. así, non aumentamos tempo de recollida para a xente de Noia-muros, nin para os da ruta de sempre do Barbanza”.

“E tamén segundo a viaxe, faranse breves paradas na ruta, como poden ser Ourense, Vigo, Pontevedra, etc. Esto indicarase en cada viaxe ou excursión coma “posible parada en “.

 

➡ Consulte aquí as rutas de recollida

    Datos da actividade









    Información adicional






    Datos de contacto



    Condición de Servizo

    nine + 16 =

    Privacy Preference Center