Itinerario

A viaxe constará de dúas xornadas visitando o Valle del Jerte e a Garganta dos Infernos

1º día:

Desta ocasión partiremos dirección O Valle del Jerte onde xantaremos nun restaurante coñecido.

Xa pola tarde desfrutaremos dunha ruta en bus recorrendo diversas poboacións deste fermoso val, facendo paradas en lugares e pobos significativos, e poderás así desfrutar dunha dos fenómenos máis impresionantes da natureza, e un “evento” de fama mundial, a chamada “Floración do cereixo do Valle del Jerte”.

Unha vez finalizada a tarde desfrutando destas paisaxes, iremos ao hotel para aloxarnos e cear.

2º día:

No segundo día desta maravillosa finde, realizaremos un paseo por unha ruta moi orixinal e fermosa, como non podía ser doutra maneira neste val, que é a Ruta de la Garganta de los Infiernos. Unha ruta fácil, duns 12 km, que che seguirá amosando as paisaxes e natureza deste val, así como ríos, cascadas, etc. Para este evento repartiremos un pequeno refrixerio.

Despois volveremos a xantar nun restaurante do val.

Unha vez finalizado o xantar, emprenderemos camiño de volta aos nosos fogares.

Agora pensa si esta finde tan completa merece madrugar estes dous días…

Privacy Preference Center