Itinerario
A viaxe constará de catro xornadas visitando o Valle del Jerte e a Garganta dos Infernos
1º día:
Neste primeiro día desta asombrosa viaxe a Navarra, por mor da distancia a recorrer, partiremos cedo cara Pamplona: capital de Navarra e fogar da festa de San Fermín pero, tamén, escenario de diferentes filmes: Blue Lips (2013), No tengas miedo (2012), Solo se vive una vez (2010), Americano (2005), La trastienda (1975) ou ¡Fiesta! (1957). De camiño, despois de xantar en Irún, iremos visitar as famosas Covas de Zugarramurdi (Las brujas de Zugarramurdi (2011))(entrada incluída), unhas impresionantes covas cársticas protagonista de celebracións de índole pagana. Tamén poderás pasear pola vila homónima.
Continuaremos hacia outra localidade pouco coñecida pero que che gustará, Elizondo. Unha vila situada en pleno Valle del Batzán, un magnífico escenario para a filmación da saga Trilogía del Batzán (2017 – 2020), baseada nos libros de Dolores Redondo. Faremos unha visita guiada por Elizondo, vendo lugares tan pintorescos como a presa e a ponte de Txokoto, a igrexa de Santiago ou o Concello de Baztán.
Continuaremos hacia Pamplona para aloxarnos e cear.
3º día:
No día de hoxe, non podemos esquecernos dunha parte dos atractivos de Navarra, como son os seus paraxes e paisaxes naturais, de película!!!, e entre éstes destaca A Selva de Irati (entrada incluída), o segundo maior bosque de “hayas” de Europa, detrás da Selava Negra alemana. Este hayedo é particularmente sorprendente e as súas fotos dan a volta ao mundo no outono cando se convirte nun espectáculo de cores vermellas e douradas. Mediante algún pequeno paseo daremos conta deste enclaves naturáis. Algunha película: Secretos del corazón (1997) ou Furtivos (1976).
A continuación pasaremos a visitar Roncesvalles: fito clave do Camiño de Santiago e escenario da rodaxe da película de Martin Sheen, El Camino (2010). Pasearemos polas súas rúas e coñeceremos monumentos como a Real Colexiata de Sta María de Roncesvalles (entrada incluída).
Regresaremos ao hotel a xantar.
A tarde témola reservada a visitar e coñecer Pamplona. Mediante 2 horas de visita guiada e despois tempo libre, coñeceremos esta cidade. Coñeceremos os seus espazos e monumentos máis significativos: a Plaza del Castillo, a rúa Estafeta, a catedral de Sta. María la Real (entrada incluída), o Concello, a igrexa de San Lorenzo ou o Parque da la Taconera, a Ciudadela (entrada incluída), entre outros moitos lugares. Teremos, tamén, tempo libre para gozar da cidade pola nosa conta.
Regresaremos ao hotel para cear e aloxarnos.
2º día:
Neste segundo día emprenderemos rumbo a famosa vila de Ólite que, ademais de escenario da serie televisiva Vampire Academy (2022) ou Los Borgia (2006), distínguese polo seu Palacio de Olite (entrada incluída), Monumento Nacional dende o ano 1925, un dos palacios máis impresionantes e visitados de España. Realizaremos unha visita a este monumento e gozaremos de tempo libre polo pobo.
Continuaremos cara a vila medieval de Ujué, un fermoso pobo de rúas empedradas e unha impresionante igrexa – fortaleza, onde, nos anos oitenta, un grupo de estudantes rodou o filme El dios de la ira.
Rematada a visita a Ujué, xantaremos.
Continuamos rumbo a Sangüesa: unha preciosa localidade medieval que se converte nunha visita imprescindible nesta viaxe. Aquí, faremos unha visita guiada para coñecer as súas rúas e os seus monumentos máis relevantes – a súa ponte, a igrexa de Santiago el Mayor, o Palacio Príncipe de Viana, etc. – entre os que destaca a igrexa de Santa María la Real, Monumento Nacional e culminación do Románico en España.
Poremos agora o destino no Mosteiro de Leyre (entrada incluída), principal monumento románico de Navarra, sendo considerado un mosteiro moi impresionante e fermoso. Nel están enterrados os Reis de navarra.
E para finalizar a xornada, visitaremos O Castelo de Javier (entrada incluída), un castelo medieval moi ben conservado.
4º día:
O noso último día, antes de partir de camiño a Galicia, visitaremos a cidade románica de Estella, lugar de rodaxe de Bajo las estrellas (2007) ou a recente La Voz del Sol , e poderás coñecer os seus lugares máis relevantes: a igrexa de San Xoán Bautista, a Praza de Santiago e a Calle Mayor, a igrexa de San Miguel ou a igrexa do Santo Sepulcro, entre outros.
Rematado o noso tempo libre na vila, emprenderemos volta á casa, cunha parada para xantar nun restaurante amigo.