Itinerario
A viaxe constará de dúas xornadas visitando o desfiladero de Yecla e Santo Domingo de Silos
1º día:
Sairemos das nosas respectivas paradas camiño de Covarrubias, xantando de camiño. Covarrubias , vila da comarca de Arlanza, na provincia de Burgos visitarémola despóis de xantar, para recorrelo coñecendo lugares coma a Casa de Doña Sancha, o Torreón de Fernán González, a Praza do Concello, etc, apreciando así o fermosa que é esta vila.
Despóis continuamos hacia Santo Domingo de Silos, unha espectacular vila a 1000 metros do nivel do mar, e rodeado de altos montes, que unido a o seu aspecto bastante medieval lle confiren o honor de ser un pobo máis bonitos de España. Terás tempo de visitar e pasear polas rúas e o entorno dela.
Ademáis conta cun mosteiro (entrada incluída) dos máis importantes do románico de toda Europa, como o demostran as esculturas dos capiteles, relieves, etc, que cunha visita guiada poderás descubrir.
Como colofón a esta finde, aloxarémonos nun hotel con encanto, tan preto do convento como que estamos frente del !!!
E lóxicamente ahí cearemos.
2º día:
Neste segundo día, despois do almorzo, dirixirémonos ata o inicio da nosa ruta, que comeza xunta o Mosteiro de Sto Domingo de Silos. Trátase dunha ruta moi fermosa, fácil de recorrer, duns 9 km, onde iremos vendo distintas paraxes como desfiladeros, pasarelas, montañas, etc. É o incrible Desfiladero de la Yecla. No inicio proporcionaremos un refrixerio, como é costume.
Unha vez finalizado o xantar alí en Santo Domingo de Silos, emprenderemos rumbo a Galicia.